Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rematan as obras de mellora do porto de Fisterra nas que se investiron un millón de euros

Rematan as obras de mellora do porto de Fisterra nas que se investiron un millón de euros
obras-porto-fisterra A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou onte o porto de Fisterra Uns meses despois  do previsto, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de dar por rematadas as obras de mellora do porto de Fisterra nas que se investiron un millón de euros na dotación de maior abrigo e máis prazas de amarre para o peirao de Fisterra. Así o comunicou onte a conselleira, Rosa Quintana, nunha visita á zona acompañada polo presidente do ente público, José Juan Durán. A titular de Mar explicou que as obras executadas consistiron fundamentalmente na construción e instalación dun dique aboiante de 100 metros de lonxitude e de cinco metros de ancho. Tamén se inclúe unha ampliación dos pantaláns de atraque de embarcacións menores para conseguir 75 novas prazas, co que quedan habilitadas un total de 182. Segundo explicou a conselleira, o dique aboiante está construido en formigón. Ao longo del instalaronse dúas torretas de servizos de auga e luz e unha de emerxencia. O acceso ata o dique realízase a través dunha pasarela articulada entre o peirao e a instalación aboiante. En canto a ampliación dos pantaláns, nas novas prazas instaláronse fingers de aluminio para facilitar o atraque e incluíron tamén unha mellora das instalacións de auga e luz a través de novas torretas de servizo. Ademais en todas as liñas de pantalán hai tamén unha de emerxencia. Rosa Quintana tamén sinalou que a día de hoxe as obras se atopan xa totalmente rematadas e operativas coa conseguinte mellora nas condicións de traballo dos profesionais do mar. Así mesmo, subliñou que esta actuación permitiu dar resposta ás necesidades do sector na zona, dando cabida ao total da frota que traballa na actualidade no porto fisterrán. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios