Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Requisadas ducias de nasas e peixe sen identificar nas rías de Corcubión e Camariñas

Requisadas ducias de nasas e peixe sen identificar nas rías de Corcubión e Camariñas
incautacion-gardacostas Axentes de Gardacostas realizaron os pasados días controsi en distintos puntos do litoral galego Os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron estes días 884 nasas e butróns, 150 metros de artes de enmalle e preto de 300 quilos de marisco e peixe en distintos controis realizados polo litoral galego. Entre eles, tamén fixeron controis na zona de Costa da Morte. Concretamente na ría de Camariñas, os gardacostas incautaron 20 nasas por estar sen identificar, e na de Corcubión 64 nasas que tamén estaban sen identificar e 27 quilos de polbo. Nos controis realizados na ría de Muros e Noia os axentes requisaron 352 nasas e 33 quilos de marisco. O control máis relevante foi en Punta Aguieira e deu como resultado a incautación de 277 nasas, que estaban caladas en zona prohibida e sen balizar, e de 17 quilos de polbo. Os axentes tamén realizaron controis por terra e por mar na ría de Coruña, onde incautaron 16 butróns e comisaron preto de sete quilos de peixe e marisco; na ría de Ares, onde requisaron catro quilos de centola, e na ría de Cedeira, onde os axentes comisaron preto de tres quilos de percebe. Na ría de Arousa, os axentes de Gardacostas incautaron un total de 307 nasas e butróns que estaban sen identificar, 150 metros de artes de enmalle e máis de 137 quilos de marisco e peixe. Unha das actuacións máis destacadas desenvolveuse en San Vicente do Grove e Esqueiro e saldouse coa incautación de 157 nasas por carecer de identificación e de 57 quilos de polbo. A maiores, os controis realizados na ría de Pontevedra resultaron coa incautación de 56 útiles, a maioría nasas, e co comiso de 53 quilos de marisco. A actuación máis destacada foi en Festiñanzo e no porto de Sanxenxo e nela os gardacostas requisaron 52 nasas e catro viveiros, que estaban sen identificar e seis quilos de polbo, catro quilos de nécora, dous quilos de lumbrigante e un quilo de camarón. A ría de Vigo tamén foi escenario de controis onde os axentes requisaron 69 nasas por estar mal balizadas e 28 quilos de polbo e dous de congro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-gardacostas-realizan-novas-operacions-contra-o-furtivismo-en-camarinas-e-malpica/ “Os controis dos Gardacostas detectan 750 metros de aparellos de enmalle en Corcubión” — Que pasa na costa “Gardacostas comisa 76 quilos de peixe e marisco sen identificar na zona” — Que pasa na costa

Artigos para calafatear

Fonte Redacción QPC([email protected]) Consellería do Mar

Comentarios