Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Requisados 122 quilos de marisco en Muxía e Camariñas

Requisados 122 quilos de marisco en Muxía e Camariñas
comiso-centola Na última semana, axentes de Gardacostas requisaron 360 quilos de distintas especies de peixe e marisco en toda a comunidade galega Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron estes días 122 quilos de varias especies de marisco e 29 útiles de pesca en distintos puntos da Costa da Morte. Unha das actuacións máis destacadas realizouse nos pantaláns de Muxía e Camariñas e saldouse co comiso de 25 quilos de nécora, 29 quilos de centola e cinco quilos de santiaguiño. Parte das cantidades destas especies estaban ovadas. Ademais nesta actuación os axentes tamén incautaron cinco viveiros e tres bolsas de rede. A operación levouse a cabo en distintos puntos da comunidade galega a cal se saldou cun total de 360 quilos de distintas especies de peixe e marisco e máis de 400 útiles de pesca en diferentes controis realizados na última semana. Tamén se aprehenderon de 500 metros de artes de enmalle. Na ría de Vigo os axentes realizaron diferentes actuacións que deron como resultado o comiso de máis de 160 quilos de diversas especies de peixe e marisco e a incautación de 219 útiles. Na ría de Pontevedra os gardacostas tamén fixeron varios controis que se saldaron co comiso de cerca de 20 quilos de distintas especies de peixe e marisco e dous viveiros. A ría de Arousa tamén foi escenario doutras actuacións nas que os axentes se fixeron con 18 quilos de distintas especies e con 93 nasas. Ademais, noutros controis realizados na ría de Muros e Noia, os axentes requisaron preto de 20 quilos de diversas especies de peixe e marisco e 26 nasas.

Novas relacionadas

Artigos para calafatear

Fonte

Comentarios