Venres. 19.04.2024
El tiempo

Requisados 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo en Corcubión

Requisados 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo en Corcubión
ourizo-corcubion Os Gardacostas requisaron, ademais dos 131 quilos de ourizo, once capachos, dous trueiros e tres salabardos de rede Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia - dependente da Consellería do Mar - comisaron esta mañá 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo desenvolvido en Corcubión. Ademais requisaron 11 capachos, dous trueiros e tres salabardos de rede. Toda a mercadoría estaba sen identificar e foi requisada polos axentes na zona da Amarela. Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.

Novas relacionadas

Artigos para calafatear

Fonte

Comentarios