Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rescatado un pescador en Camariñas sorprendido pola subida da marea

Rescatado un pescador en Camariñas sorprendido pola subida da marea
Cemiterio dos Ingleses en Camariñas- Foto- Marcos Rodríguez Zona do Cemiterio dos Ingleses en Camariñas- Foto- Marcos Rodríguez Estaba pescando este domingo arredor das 17:00h nunha zona rochosa preto do cemiterio dos ingleses, en Camariñas, cando –de súpeto- se decatou que a marea estaba subindo e non podía saír. Foi aí cando chamou ao 112, que mobilizou o helicóptero de Salvamento Marítimo, e informou Servizo de GardaCostas de Galicia. Finalmente, os servizos de emerxencia que se mobilizaron foron todos anulados, posto que, unha embarcación particular que navegaba pola zona recolleu ao pescador.

Comentarios