Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Rescatados por un barco de Laxe 5 tripulantes dun pesqueiro muxián afundido no Cabo Vilán

Rescatados por un barco de Laxe 5 tripulantes dun pesqueiro muxián afundido no Cabo Vilán
Salvamento dos tripulantes do Centolo Eran as 8:00h da mañá cando un pesqueiro muxián, o Centolo, afundía a 21 millas ao noroeste do Cabo Vilán. Afortunadamente Salvamento Marítimo chegou a tempo para socorrer aos 5 tripulantes, que serán desembarcados no porto de Laxe a media mañá. O pesqueiro Centolo tivo que chamar a salvamento por unha vía de auga. Pronto apareceu o helicóptero 'Helimer 209' e a embarcación 'Salvamar Altair, ademais de contar coa colaboración do pesqueiro 'Caprichosa 2' que estaba preto da zona da emerxencia. De feito o barco laxense foi o que chegou primeiro e o que os rescatou.

Fonte

Comentarios