Santa Comba, Vimianzo e Fisterra entre as “mellores marcas” do temporal Félix
19:03 11/03/18
Poste caído en SAnta Comba polo temporal Felix-Foto-Jose Manuel Vazquez
Non pasou tan potente como se lle esperaba. I é que a chegada da borrasca Félix chegou ata a provocar a suspensión das ligas federadas do Fútbol da Costa. E se ben non fixo grandes estragos, si que choveu e zoou o vento con moita forza. Con máis forza, nalgúns puntos, que en toda Galicia.
Así o determinan os números de Meteogalicia, que rexistraron os meirandes refachos de vento de toda a fin de semana en Fisterra (153 km/ durante o venres, 140km/h e durante o sábado, e 131 durante o domingo). Vimianzo igualou a cifra máis alta do país, cando a estación da Gándara rexistrou tamén refachos de 153 en Vimianzo durante o sábado. Lira tamén se meteu entres os postos altos, con 119,5 km/h durante o sábado e 129 durante o domingo.
Choveu en Santa Comba...
Anegamentos polo temporal Felix en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Vazquez En termos de chuvia, Santa Comba levou a palma. A estación de Fontecada reixstrou a 3ª “mellor marca” de toda Galicia, 54,8 litros por metro cadrado durante o domingo, e 48,9 durante o sábado. Carballo, con 25,20 l/m2 e Vimianzo, con 21,40, tamén estiveron nos valores extremos resaltados. Tamén en Santa Comba, o día 8 tivo lugar un accidente na ponte do río Xallas.
Accidente en Santa Comba
Estas chuvias deixaron boas estampas en lugares como as fervezas de Castriz.
Fermosas as fervenzas de Castriz co temporal-Foto-Jose Manuel Vazquez
Forte mar
Temporal de mar con Felix en Nemiña e Lires-Foto-Sole No mar as ondas que superaron os 8 metros de Fisterra cara o sur, aínda que zonas como Corme ou a punta da Barca metían medo. O temporal segue provocando o varamento de novos golfiños en Louro (como a semana pasada) e tamén en Ponteceso. Golfiños varados na Hermida e en Niñóns Golfiños varados en Louro-Fotos-Manuel Maria Candamo Temporal Felix no Pindo-Foto-QUino Pais O mar do Pindo coa borrasca Felix-Foto-Quino PaisNumerosas incidencias
Árbore caída en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Vazquez Tanto os Bombeiros de Cee, como o GES de Muros, como os membros de Protección Civil da Comarca tiveron numerosas incidencias, como os membros de Santa Comba ou Muxía. Os Bombeiros de Cee tiveron que proceder á retirada de varias árbores no lugar da Toxa, en Vimianzo, e na Ponte do Porto, Camariñas. Por Muxía, os membros de Protección Civil e Policía Local tiveron que atender un total de 18 incidencias, o 80% dás incidencias se deberon a árbores caídas nas estradas, e 20% restante a coletores do lixo, e obstáculos desprazados nas estradas polo vento, todas as incidencias solucionadas sen maior complicación. Proteccion Civil Muxia reparando un canalón caído polo temporal Félix Por Muros tamén houbo numerosas incidencias, como árbores caídas, corte de vías, anegamentos, tendido eléctrico… Contan os membros do GES a anécdota da fin de semana, cando un can caeu nunha piscina desorientado polo tempora, pero puido ser rescatado polo propietario, que tivo tamén que bañarse en piscina allea. GES de Muros retirando árbores das estradasCampanario
#Félix tamén tirou parte do campanario da igrexa nova de BaioCarballo, un dos concellos máis afectados de Galicia
Carballo é un dos concellos con maior número de incidencias pola borrasca Félix segundo destaca a AXEGA. Entre as accións, os Bombeiros de Carballo procederon a recoller uns cascotes que caeron dunha fachada á vía pública. Co traballo retiraron o resto da cornisa que tiña risco de caer noutro moment e colaboraron co SMPC na retirada dos cascotes que quedaran na beirarrúa. Non houbo danos persoais.Máis novas de temporais
- Febreiro 18: O temporal de frío deixa fermosas estampas brancas e problemas nas estradas da Costa da Morte.
- Xaneiro 18: Corcubión-Valencia: 25 horas atrapados na neve.
- Xaneiro 18: A primeira alerta vermella de 2018 sáldase sen maiores danos pero con grandes imaxes na Costa da Morte
- Decembro 17: A borrasca Ana deixou refachos de 155 km/h e ducias de árbores caídas.
- 10-12-17: A Xornada: a choiva e o vento deixáronnos sen fútbol dominical.
- 23-11-17: O temporal deixou pouca chuvia e fortes refachos de vento na Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])