Martes. 16.04.2024
El tiempo

Un amplio dispostivo buscou durante horas unha peregrina inglesa que durmía a siesta

Un amplio dispostivo buscou durante horas unha peregrina inglesa que durmía a siesta
Busqueda dunha peregrina inglesa pola zona entre o Rostro e Lires Despregouse un amplo dispositivo para buscar a peregrina pola zona entre o Rostro e Lires

Tercer episodio este verán no que os malos entendidos levan a realizar un despregamento totalmente inútil das forzas de Salvamento. Despois da broma de hai unhas semanas na ría de Corcubion e unha falsa alarma en Ponteceso, esta tarde de venres 1 de setembro ducias de membros dos corpos de seguridade realizaron unha búsqueda inerte dunha peregrina que supostamente quedara atrapada nunha zona de difícil acceso entre o Rostro e Lires.

Foi a propia peregrina a que chamaba arredor das 11:00h ao 112 pedindo axuda. Indicaba que se atopaba nun sendeiro moi estreito, nunha zona de montaña abrupta, ao carón do mar. Engadía no seu relato que camiñara polo monte dende a Praia do Rostro, dous quilómetros aproximadamente, dirección Muxía.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia informouse a Protección Civil de Fisterra e de Cee. Tamén se pasou o aviso á Garda Civil, que mobilizou o seu helicóptero. Ademais, o 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas e de Salvamento Marítimo, que achegou unha embarcación ata a zona.

Estranados estaban os membros do corpo de seguridade pois non aparecía, e tiña o teléfono fóra de cobertura. Pero é que a peregrina atopábase nun albergue de Lires durmindo a siesta... Conseguira saír polos seus propios medios e volver ao albergue, onde foi atopada ilesa polos corpos de seguridade que xa estaban preguntando pola zona.

De novo, a falta de consideración provoca un grave desaproveitamento de recursos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios