Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un mar de poesía fotográfica na Galería Stoupa

Un mar de poesía fotográfica na Galería Stoupa
Xose Iglesias Cristina Rodriguez e Begona Fernandez en Stoupa Cristina Rodriguez, Xosé Iglesias e Begoña Fernández en Stoupa

A Galería Stoupa acolleu este pasado venres unha nova presentación. É Xosé Iglesias o protagonista da nova mostra “Movementos ó sur do mar de María Antonia”, que estará durante todo o mes de xullo na galería ceesa.

Medio centenar de persoas quixeron acompañar ao autor durante todo o evento, que comezou as 19h. Durante dúas horas os afortunados poideron non só contemplar as fermosas e salvaxes fotografías de Iglesias senón que ademais asistiron a una experiencia única por esta zona da Costa da Morte, ao desfrutar en vivo e en directo da actuación estelar da versátil pianista Cristina Rodríguez, cuxa actuación deixou impresionados a todos os asistentes.

Iglesias explicou o singular nome da súa mostra relata a vida de María Antonia, unha coruñesa que rexentou durante moitos anos un ultramarinos na calle Juan Flórez e que abastecía de víveres aos mariñeiros que traballaban pola costa galega e aos que ían cara o Gran Sol ou a costa africana.

As fotografías foron tomadas arredor da maxestuosa Torre de Hércules (situada no mar de María Antonia) e nelas mistúranse a bravura do mar, a destreza na pesca das gaivotas ou o traballo dos mariñeiros.

Stoupa segue afianzando os eventos culturais difundindo a arte e artesanía da Costa da Morte entre os veciños da comarca, logrando que pouco a pouco a xente comece  a descubrir e a desfrutar da arte da nosa costa en actos dinámicos e orixinais. Ademais, Stoupa xestiona a tendaQPC que ofrece unha marea de artesanía costeira a só un click.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-nova-tendaqpc-unha-fiestra-aberta-da-artesania-e-a-cultura-costeira-a-toda-a-peninsula/ https://quepasanacosta.gal/stoupa-volve-a-triunfar-a-golpe-de-arte-e-vermu/

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios