Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un pai e un neno rescatados en Fisterra tras caer ao mar mentres facían surf

Un pai e un neno rescatados en Fisterra tras caer ao mar mentres facían surf
Helicoptero no Porto de Fisterra Helicoptero traballando no rescate na zona Porto de Fisterra

Susto enorme este mediodía en Fisterra. A presencia do helicóptero de Salvamento alertaba a toda a veciñanza dun rescate nas augas da praia de Langosteira. Un pai e o seu fillo perdían o control mentres facían surf, e eran arrastrados pola marea sen poder saír da auga.

Varios particulares chamaban ao 112, e de contado chegaba o helicóptero e a lanxa de Salvamento, así como aos Servizos Sanitarios de Urxencia, ao Servizo de GardaCostas de Galicia, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Pronto era rescatado o menor, tras ser localizado polo helicóptero e rescadato pola embarcación local de Pedro Gaseosas. Poucos minutos despois, arredor da 13:00h, o seu pai era rescatado pola embarcación “Don Inda” de Salvamento. Os dous foron trasladados ata o Peirao de amarre de Fisterra, onde os agardaba unha ambulancia do 061, que os trasladou ata o Centro de Saúde, ao que entraron polo seu propio pé.

O home entraba polo seu propio pe no Centro de Saude O home entraba polo seu propio pe no Centro de Saude

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-bombeiros-de-cee-rescatan-a-un-neno-nunha-vivenda-e-a-unha-rapaza-das-rochas/

Comentarios