Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un viño que envellece na barrica das bateas do mar de Muros

Un viño que envellece na barrica das bateas do mar de Muros
Simulacion dunha batea con botellas de vino-Foto orixinal da batea-FranVein Simulación dunha batea con botellas de viño Adega Pega das Donas -Foto orixinal da batea-FranVein

Se ben xa houbo algunha intentona con Albariño hai anos, e experiencia polo Mediterráneo e mesmo no norte da península , podemos considerar pioneira, ou cando menos, vangardista a proposta que trae á Costa da Morte a Adega Pena das Donas. Esta bodega de Pombeiro, da Ribeira Sacra, está traballando o desenvolvemento de eventos innovadores co cortador de xamón carnotán Emilio Calo Rama, e unha das súas primeiras apostas é polo noso mar.

A idea é convertir o mar de Muros nunha bodega submarina, nunha barrica onde envellecer o viño, desenvolvendo así unha crianza de viño nunha batea de mexillón a uns 15 metros de profundidade. Un viño que se chamará, en clave familiar, Punta Minchocas, e que pasará baixo o noso mar arredor dun ano para ver como evoluciona, e coa intención de comercializalo.

Así, a mediados de mes realizarase a inmersión nunha das bateas de mexillón de Muros, en San Pedro, gracias á colaboración do bateeiro José Ramón Lado Lago. Serán sumerxidas 200 botelas de godello, 25 botellas do Mencía do ano, e 25 dun mencía especial. A inmersión terá que ser a unha profundidade que non pase dos 17-18 metros, pois a partir de aí os activos polbos son quen de meter os corchos para dentro e botar a colleita “pola borda”. Ademais, a partir desa profundidade. as botellas sofre moita presión.
Faranse catas controladas cada 3 meses para estudar a evolución do viño, facéndose estudos por presión, temperatura e escuridade.

A intención é comercializar o godello, sendo aquí si, unha iniciativa completamente pioneira. Cren que o branco godello vai mellorar, pero co tinto aínda están en probas. En todo caso, a Adega está pendentes do “Ok” da Denominación de Orixe, que ten que controlar todo o proceso. De feito, pequenos detalles como a etiqueta (as D.O. esixen que saia etiquetado dende a bodega) son cousas a ter moi en conta.

Estaremos atentos á “botadura” e Emilio daranos conta da evolución deses viños!

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios