Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha nova limpeza libera de plásticos a reserva “Os Miñarzos”

Unha nova limpeza libera de plásticos a reserva “Os Miñarzos”
LImpeza de Stolt nos Minarzos Limpeza de traballadores de Stolt nos Miñarzos Máis de vinte traballadores de Stolt Sea Farm, en plena xornada laboral do pasado mércores, adicáronse á limpeza da costa desde o porto de Porto Cubelo ata a praia de Simprón en Lira, concello de Carnota. A zona, coñecida como Os Miñarzos, é a primeira Reserva de Interese pesqueiro da costa atlántica na península Ibérica, creada pola Confraría de Pescadores de Lire coa intenciónde conservar mellor as especies explotadas. A empresa acuícola ten unha da súas granxas no perímetro da reserva que se estableceu anos despois da existencia da granxa. E por iso comprométese para manter ben limpa a contorna, no marco do programa de convivencia entre equipos que a empresa ten nas súas diferentes unidades e dentro do seu claro compromiso co medio ambiente. Así, a limpeza articulouse a recollida en grupos de dúas persoas e conseguiron retirar mais de dúas toneladas de plástico.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-limpeza-moi-acuicola-da-illa-do-castelo/ https://quepasanacosta.gal/unha-beca-acuicola-para-aprender-a-excelencia-culinaria-en-nova-iorque/

Comentarios