Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha plataforma petrolífera na ría de Corcubión?

Unha plataforma petrolífera na ría de Corcubión?
O buque Hawk entrando na ría de Corcubión cunha Plataforma petrolífera- Foto de Darío Gómez Curiosa estampa a que protagonizou este domingo 5 de novembro o buque-dique Hawk, encargado do transporte de plataformas petrolíferas. Veciños de Fisterra, Carnota, Corcubion e Cee ficaron abraiados durante horas vendo o que entraba pola ría. O antigo petroleiro transformado para o transporte destas plataformas saía de Korea hai 3 meses, destino Noruega. Para ao abrigo da ría costeira ante a chegada dunha boa marexada de mar de fondo de ondas de 5 metros que pode vir máis forte aínda no golfo de Biskaia. Pasou xa por Las Palmas, segundo nos conta o mariño mercante David Trillo Gallego. Foto de Darío Gómez O Hawk diante do Semáforo de Fisterra

Fonte

QPC

Comentarios