Venres. 19.04.2024
El tiempo

4000 tractores colapsan Santiago

4000 tractores colapsan Santiago
Un tractor de Mazaricos lidera a tractorada de Compostela do sector lácteo Un tractor de Mazaricos lidera a tractorada de Compostela do sector lácteo Onte, luns 7 de setembro, era o primeiro día dunha semana de completa mobilización do sector lácteo galego. Milleiros de gandeiros deixaron as súas vacas na casa, colleron o seu tractor dende calquera punto de Galicia e viñeron en procesión ata Compostela, para participar nesta tractorada, a máis grande nos últimos 30 anos. Tractores tomando Salgueirinos-Foto-Campo Galego Máis de 150 dos 4.000 tractores (800 para a delegación do Goberno…) que hoxe colapsan a capital galega son mazaricáns, pois esa etiqueta de #AVaquiñapoloquevale xa é un lema asumido por todo o sector. Son 10 quilómetros da capital, zonas como Salgueiriños ou a Avda. de Lugo, tomados polas enormes rodas dos John Deere, todo un símbolo. Á cabeza, un tractor de Mazaricos co alcalde Juan José Blanco de copiloto, que asegura que están en loita “para que as administracións se poñan en contacto con nós na procura dunha solución”, e que recorda que “están dispostos a utilizar medidas de presión máis contudentes”, se non hai resposta. Os propios Gandeiros de Mazaricos e de Santa Comba entenden como un éxito absoluto a primeira xornada de manifestación, demostrando “unión e forza”. Cortaron ducias de zonas, e recibiron o aplauso de centos de veciños composteláns que no canto de cabrearse, entenderon o sentido e a necesidade desta loita. Mesmo houbo grupos de gandeiros que se achegaron a Día e Carrefour, para bloquear o seu traballo, unha vez que son dúas das distribuidoras que non asinaron o acordo previo. A presión é clave estes días, pois este xoves terá que aprobarse un acordo no Ministerio entre industria, distribución e produtores. Un acordo que ten que garantir uns prezos que cubran os custos de produción para o gandeiro e debe estar respaldado cun decreto polo Goberno para que sexa de obrigado cumprimento, con sancións incluídas, e con carácter inmediato.

A gran mobilización do xoves 10

Se estes días xa hai 4.000 tractores, que pasará en Compostela xornada do xoves 10 de setembro). Ese día é o gran día, o da gran mobilización por Compostela, para o que ademais, o Concello de Mazaricos porá autobuses. Podes chamar ao Concello (981867104) para apuntarte e axudar a facer presión. O xoves, o punto de encontro para os tractores de Mazaricos é ás 9 do luns nas Maroñas, para chegar a Santa Comba ás 10 e a Santiago ás 12. Da Alameda sairán unha Manifestación a pé, para realizar unha concentración diante do edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano. Tractorada en Compostela do Sector lacteo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios