Martes. 16.04.2024
El tiempo

900 comensais para celebrar os 20 anos do Xantar de maiores de Mazaricos

900 comensais para celebrar os 20 anos do Xantar de maiores de Mazaricos
Xantar de Maiores en Mazaricos 1

Quedou pequeno o polideportivo da Picota para unha nova edición, xa a 20ª, do Xantar das persoas maiores. Preto de 900 maiores gozaron coa empanada, o polbo e a carne ao caldeiro e o postre. Estiveron arroupados por diversos representantes do asociacionismo do Concello decidiron acompañalos, ademais das 50 persoas que formaban o persoal da empresa de catering.

Non faltou a música grazas ao grupo de gaiteiros O Verán e a orquestra Élite, que fixeron bailar a moitos máiores que recibiron así, unha fermosa homenaxe.

Xantar de Maiores en Mazaricos Domingo de etiqueta Novas relacionadas

Novas relacionadas coa caída poboación

  Fonte

Comentarios