Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mazaricos ultima esforzos para o XLIV Certame de narracións breves Modesto Figueiridp

Mazaricos ultima esforzos para o XLIV Certame de narracións breves Modesto Figueiridp
Xosé Ramón Fandiño, presidente da Fundación Pedrón de Ouro nunha das convocatorias anteriores Xosé Ramón Fandiño, presidente da Fundación Pedrón de Ouro nunha das convocatorias anteriores Colabora este ano o Concello de Mazaricos no XLIV Certame de narracións breves “MODESTO R. FIGUEIREDO”, que organiza dende fai 43 anos a Fundación Padroado de Ouro organiza. Un certame que serve para promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo. Despois de rematado o prazo de recepción dos traballos participantes o 1 de novembro, no que se recibiron 57 narracións breves, este sábado 22 de decembro a partir das 12:00 horas reunirase no Salón de Plenos do Concello de Mazaricos o xurado para deliberar e fallar os relatos premiados. O Xurado está composto por Ariadna Fernández (gañadora da edición do ano pasado), X.R. Fandiño Vega (Presidente da Fundación Pedrón de Ouro), David Otero (Secretario da mesma fundación), Luís Menéndez (Presidente do Pen Club de Escritores de Galicia), Baldomero Iglesias Dobarro (representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega) e o escritor mazaricán Silvestre Gómez Xurxo (en representación do Concello de Mazaricos). Sobre as 13.30h o xurado dará a coñecer, en rolda de prensa, o traballo gañador premiado con 1000 € e, se así o considera, un ou dous segundos premios que serán de 400 € cada un.

Comentarios