Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa busca o seu Can de Ouro

A Costa busca o seu Can de Ouro

A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte xunto coa Federación Galega de Caza na Coruña e a Sociedade de Caza Halcón de Mazaricos colaborarán co Clube “Amigos dos Cans de Caza” na organización do 1º Campionato Can de Ouro Costa da Morte, nas modalidades “San Huberto” e “Cans de rastro sobre coello”, puntuables para a Copa Galicia, que terá lugar o próximo 9 de xullo no Monte da Ruña, Concello de Mazaricos.

Pola importancia do premio e pola repercusión que se espera acadar nesta primeira edición, a organización agarda que se converta nun referente no mundo da caza en Galicia en vindeiras edicións.

A concentración terá lugar no restaurante Casa Pego en San Cosme de Antes en Mazaricos, onde tamén será, ó remate da proba, o xantar de clausura e a entrega das réplicas do “Can de Ouro” para os gañadores na modalidade de San Huberto, Cans de rastro sobre Coello e tamén para o mellor can de rastro.

Premios

Os gañadores do campionato tamén recibirán, ademais dos trofeos, estancias de fin de semana nos seguintes establecementos: Hotel As Hortensias, Playa de Laxe, El Hórreo, Playa Langosteira, Praia de Quenxe, Hostal Bahía, Casa Pedra da Arca, Casa Entremuros, Casa Perfeuto María, Casa de Trillo, Casa Fontequeiroso, Casa do Zuleiro, Hotel Rústico Casa do Vento e no Hotel Rústico A Torre de Laxe, aos que se lle engade un curso de surf na escola Silfo SurfCamps de Malpica.

Máis información e inscricións

A data límite de inscrición é o 7 de xullo ata as 20:00 horas, sendo obrigatorio estar federado para poder participar. Para máis información e inscricións os interesados poden chamar os seguintes números: Cristina 670.231.691, Paco 639.888.606, na Federación Galega de Caza na Coruña 981.702.957 e na APTCM 981.706.163.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios