Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Feira Xumagra reuniu en Mazaricos a mellor maquinaria agrícola do momento

A Feira Xumagra reuniu en Mazaricos a mellor maquinaria agrícola do momento

Espectaculares os vehículos que visitaron esta fin de semana Mazaricos no marco da segunda edición de Xumagra a feira de maquinaria agrícola e coches de ocasión de Mazaricos. Medio millar de persoas achegáronse para disfrutar no multiusos da Picota recibiu da última tecnoloxía do mercado, para consolidar así esta feira.

O propio coordinador, Benito Martínez afirmou que no recinto congregáronse “as máquinas máis modernas que se poden atopar no mercado”. A xoia da coroa foi un Warrior 9340 da marca Deutz Fahr. O tractor ten unha potencia de 340 cabalos e unha cabina que parece traída do futuro. O mellor é que queda en Mazaricos porque foi adquirido pola cooperativa de Busto-Corzón que o incorporará á súa flota.

Tamén pecharon diversas operacións os concesionarios da zona que traían grandes marcas como Mercedes, Audi ou BMW.

Feira xumagra en Mazaricos 2

Comentarios