Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A mazaricá Mari Carmen Rey Núñez estréase como escritora na casa cunha historia sobre os Escapados

A mazaricá Mari Carmen Rey Núñez estréase como escritora na casa cunha historia sobre os Escapados
Escapados de Mari Carmen Rey Nunez copia Este vindeiro domingoo 7 de maio, ás 18:00 da tarde na Casa de Cultura de Mazaricos, a veciña María Del Carmen Rey Nuñez (Maricarmen do Ancho de Lugarnovo) presentará "ESCAPADOS", a súa primeira novela publicada pola Editorial Toxosoutos. A historia narra a acción se inicia co estoupido da Guerra Civil Española e se prolonga ao longo duns vinte e tantos anos. Un tempo de grandes miserias económicas e fortísimos antagonismos políticos que sacou o mellor e o peor do ser humano. Por estas augas turbulentas e alodadas navegan, nunhas condicións de extremada violencia, os personaxes creados pola nosa veciña. E fano arredor do Pedregal do Pindo, un entorno xeográfico abrupto e bravío que contribúe coa súa singular topografía ao dramatismo da historia. Unha historia, a dos Fuxidos, que dan para centros de novelas.

Novas sobre o Olimpo Celta e os fuxidos

Comentarios