Domingo. 17.11.2019
El tiempo

A Poxa de Gando Frisón, a Cibeles do sector gandeiro galego

A Poxa de Gando Frisón, a Cibeles do sector gandeiro galego
Imaxe dunha Poxa de gando en Mazaricos

Xa chega esa completísima Semana Gandeira para darlle vida ao rural. Mazaricos convertirase na capital do sector gandeiro e leiteiro durante esta fin de semana. O ano pasado foron 2.000 persoas as que pasaron durante a fin de semana polo Recinto Feiral da Picota, e este ano pretenden superar esa cifra.

E unha das citas máis singulares do ambicioso programa para conseguilo é, sen dúbida, a IX Poxa de Gando Frisón.

Unha Poxa que tén como finalidade ”potenciar a comercialización de xovencas e primeirizas nadas e criadas en explotacións gandeiras de Control Leiteiro da provincia de A Coruña”. Gracias ademais á moi boa selección, debido a un gran traballo dos profesionais da Africor, prevese unha sesión ateigada de compradores de toda Galicia.

Poxa de Gando Frison da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Durante a mañá do sábado 2 de decembro será o tempo da entrada dos animais e aloxamento na carpa anexa ao recinto feiral, para proceder pola tarde á exposición de xovencas.

A gran cita, a Poxa, será a partir das 11:00h do domingo 3, cando os exemplares desfilarán cal modelos por diante dos gandeiros amosando as súas mellores galas.

O ano pasado vendéronse os 18 animais que se presentaron, cun prezo máximo de 2.550€ (unha frosina da Gandeiria Sat. A Campa de Curtis) e un valor medio de 2.000€. Veremos como andan as cifras este ano.

Gandeirias participantes da Poxa de Gando Frison da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Xornadas Técnicas

Ademais de todas as actividades para o público en xeral (actividades extraescolares, concurso de fotografía, de relato curto, de postre lácteo, exposicións…) as Xornadas Técnicas completarán o gran foco de atracción para profesionais do sector. A mañá do sábado será completísima.

Dende ás 10:45 e ata as 14:00h falarase de temas tan interesantes como as pautas necesarias para mellorar a calidade da leite (da man de Alejandra de la Barrera, do Grupo PS Vet DairyQuality S.L.). Tamén ser tratarán as claves para unha boa inseminación seguindo o pioneiro curso impartido hai unhas semanas (con dous veterinarios de Xénese).

Xornadas Tecnicas da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios