Sábado. 25.05.2019
El tiempo

A Semana Gandeira uniu a todo Mazaricos

A Semana Gandeira uniu a todo Mazaricos
poxa-de-xovencas-na-semana-gandeira-de-mazaricos A Poxa de Xovencas é a cita máis importante da Semana Gandeira de Mazaricos

Todo o pobo de Mazaricos únese na Semana Gandeira, esa cita que pasa por ser a fin de semana máis importante do ano do Concello de Mazaricos. A Poxa de Xovencas, todo un reclamo ao longo da provincia, as Xornadas Técnicas, e as actividades sociais que arman as asociacións, convirten a cita na fusión que une Mazaricos.

É complicado facer unha valoración da xente que moven estas xornadas, porque a xente entra e sae, deixando ademais encantados a todos os establecimentos hostaleiros da volta. Pero dende Mazaricos apuntan que durante tota a fin de semana puideron pasar máis de 2.000 persoas polo Recinto Feiral da Picota.

Ademais, houbo representación institucional, coa presencia da Conselleira, do presidente de Feiraco, ou de representantes políticos como Ana Pontón ou Mini, do BNG.

Poxa de Xovencas de Raza Frisona

A vaca de Curtis a mais cara da Poxa de Xovencas de Mazaricos A vaca de Curtis a mais cara da Poxa de Xovencas de Mazaricos

Especial interese ten no sector gandeiro, e para o público en xeral, a Poxa de Xovencas de Raza Frisona, que ademais cumplía 10 anos. Os mellores animais da provincia danse cita no Recinto, e desta volta as cifras avalan a relevancia deste evento. Subastáronse 18 animais procedentes de 12 explotacións. E vendéronse todas por precios que oscilaron entre os 1.700 e os 2.550 euros (un prezo medio de 1,997). Un valor total das transacións de 35.950 euros.

A máis cara foi un lote da gandeiría Sat. A Campa, de Curtis, por 2.550€, un animal excelente froito de trasplante de embrións, unha técnica de mellora xenética punteira. Ademais, a vaca máis valorada foi a parar a Gandería Míguez de Silleiro en Oroso, repetindo o premio dos últimos anos.

poxa-de-xovencas-na-semana-gandeira-de-mazaricos-3

Xornadas Técnicas

A presencia de gandeiros de Lugo, Pontevedra… demostra o interese das Xornadas Técnicas que se desenvolveron o sábado. TPrecisamente falouse da punteira técnica de transplante de embrións, ademais de psicoloxía ou financiamento. A presentación do libro fotodocumental “El ordeño, lo que es”, de Xosé Luís Míguez, tamén cupou a atencións dos asistentes.

Citas sociais

actividades-cos-cativos-na-semana-gandeira-de-mazaricos

Foi a xente de Eu son Mazaricos, en directa colaboración con concello, os encargados de artellar as citas máis sociais, para o público en xeral. Os nenos foron uns dos protagonistas, tanto muxindo á Mazarica, participando nos talleres de manualidades (facendo chapas personalizadas cos membrois de APEM e posavasos cos de ADISBISMUR), así como aprendendo a cociña coa bravísima Ana Oca, no showcooking da pequena Masterchef Junior ceense.

Showcooking de Ana Oca en Mazaricos Showcooking de Ana Oca en Mazaricos pequenos-chefs-de-mazaricos Pequenos chefs mazaricáns facendo-posavasos-con-adisbismur Facendo posavasos con Adisbismur

O Concurso de fotografía foi todo un éxito. Presentáronse 60 fotos e a cita serviu para entregar os premios.

certame-de-fotos-da-semana-gandeira-de-mazaricos Entrega de premios do concurso de fotos, do que falaremos mañá en QPC

Moi boa acollida o Concurso de sobremesas lácteas, que gañou unha Panna Cotta. Ata 40 sobremesas se presentaron que ser a primeira edición supón un gran aliciente á organización.

concurso-de-sobremesas-lacteas-da-semana-gandeira-de-mazaricos Algunhas da sobremesas presentadas ao certame. A primeira, a panacota gañadora

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios