Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A #SemanaGandeira de Mazaricos prepárase a base de fotos

A #SemanaGandeira de Mazaricos prepárase a base de fotos
2 Premio Concurso Fotografia Mozos e Maiores no Agro na Semana Gandeira de Mazaricos 2015 Esta imaxe levou o 2º Premio Concurso Fotografia Mozos e Maiores no Agro na Semana Gandeira de Mazaricos 2015

Xa queda menos para a Semana Gandeira de Mazaricos 2016. E para irnos preprarando, xa podemos ir sacando o teléfono e botando fotos a todo o que teña que ver co noso mundo agrario.

Igual que o ano pasado, a Asociación Eu Son Mazaricos aporta o seu grao de area cun concurso concurso de fotografía con teléfono móbil. Tedes ata o 11 de novembro para enviar as vosas fotos por whatsapp ao 628 809 761, acompañadas polo nome e apelidos do participante, así como enderezo, nº de contacto e título da imaxe. Podedes mandar un máximo de dúas fotos por participante, e recordade, teñen que ser sen retoques nin filtros.

Haberá premios para a foto máis artística, a máis votada polo Fb, á foto máis entrañable e á foto máis divertida.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios