Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As vacas van ao ximnasio de Mazaricos

As vacas van ao ximnasio de Mazaricos
As Vacas no Ximnasio de Mz

Xa se puideron ver esas características camisolas de vaca, coa MZ gravada a lume, rondando polo novo xinmasio de Mazaricos. Veciños e veciñas de todas as idades ateigaron a nova infraestrutura municipal durante a súa inauguración, este pasado sábado. Foi unha xornada de portas abertas e ninguén quixo perder a ocasión de ver por dentro as máquinas e coñecer as actividades que se realizan.

Houbo sesións (agora chamadas masterclass) de zumba, spinning ou jump, entre outras modalidades, ás que os veciños xa se poden apuntar. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro lembrou que era unha das promesas do programa electoral e recordou que parte dos fondos son da Deputación.

Vecinos de Mazaricos probando o novo ximnasio Veciños de Mazaricos probando o novo ximnasio A campioa Rocio Alvite no ximnasio de Mazaricos A campioa Rocio Alvite no ximnasio de Mazaricos

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios