Luns. 02.08.2021
El tiempo

O BNG de Mazaricos propón unha campaña en defensa do comercio local e dos produtos galegos

BNG MZJorge Sanmartín-DanielaAlvite
O BNG de Mazaricos propón unha campaña en defensa do comercio local e dos produtos galegos

O concelleiro de Turismo e Promoción Económica; Jorge Sanmartín, e Daniela Alvite responsable de organización do BNG de Mazaricos, veñen de presentar unha campaña que pretende fomentar entre a veciñanza o consumo local nos establecementos de Mazaricos. “Mellor Local, Mellor Galego” é o lema.

A difusión da campaña fíxose en redes socias e nos propios establecementos así deuse a coñecer entre a veciñanza nun momento vital para o comercio. “Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza, de manter postos de traballo e garantir a viabilidade do comercio local. Intentando así con esta campaña paliar os efectos da pandemia no pequeno comercio”, expresan os responsables.

comentarios