Mércores. 12.08.2020
El tiempo

Chega aos fogares a publicación "Mazaricos Directo"

Chega aos fogares a publicación "Mazaricos Directo"
O concello envia a todos os fogares do municipio a publicación "Mazaricos Directo" Co fin de complementar as canles de difusión, o concello de Mazaricos vén de poñer en marcha "Mazaricos Directo", unha publicación que se enviará a todos os fogares do municipio. A publicación ten carácter trimestral e nesta primeira a portada é para María da Jirra, que se fixo viral na rede como protagonista do vídeo da asociación cultural Eu Son Mazaricos “Mazaricos, o futuro”. No seu interior a veciñanza pode ver a actualidade da súa contorna. Así poden ver nas súas páxinas as melloras en infraestruturas, a promoción levada a cabo, actividades diversas e cuestións de ocio. Desde o concello subliñan que ésta é unha “ferramenta destinada a que a veciñanza que segue menos as redes sociais teña un medio polo que saber as cousas que acontecen no seu concello”. “A información é un xeito de democratizar a sociedade”, afirmou o alcalde, Juan José Blanco Riveiro. Por outra banda, a veciñanza que o desexe tamén pode descargar o boletín des de a web miunicipal.

A Esencia de MZ

Máis novas

Fonte

 

comentarios