Sábado. 14.12.2019
El tiempo

Cine, Cabalgata e solidariedade para o Nadal da MZ

Cine, Cabalgata e solidariedade para o Nadal da MZ

Xa coñecemos o singular concurso de escaparatismo e fachadas #Arrincauneucalipto ademais da doble cita coa Carreira e o Brinde Leiteiroque propón o Concello de Mazaricos para este Nadal. Pero son moitas máis cousas as que enchen o programa de Nadal, que se culminará cunha agrícola Cabalgata de Reis con tractores, no que cada asociación decorará o seu.

O programa inclúe tamén sesións de conciliación, con talleres matutinos para os nenos os días que hai vacacións nos coles.

O luns 25 haberá Gran Baile para os maiores, e o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29, cine para os pequenos, cada tarde a partir das 17:00h.

Cita importante o sábado 30, co concerto de Tania Fuegho o sábado 30 ás 22:00h.

Campaña de recollida de xoguetes

#Nadalconxogo é unha campaña solidaria que trata de que todos os nena da volta teñan xoguetes. Por iso, o baixo da Casa do Concello está aberto para recibir eses xoguetes que en bo estado xa non se utilicen.

Futsal Interparroquial

 

Nadal 17

Fonte

Comentarios