Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Conmoción en Mazaricos ante o asasinato machista de Manuela da Casa do Roxo das Espigas

Concetración na Casa do Concello de Mazaricos ante o asasinato machista de Manuela da Casa do Roxo das Espigas en Fuenlabrada

Onte, mércores 26 de febreiro, foi un día negro en materia de violencia de xénero. Dúas mulleres eran asasinadas polas súas parellas, sendo xa 13 as vítimas no que vai de 2020. O primeiro asasinato machista acontecía en Aznalcóllar, cunha escopeta e diante dun fillo común de 4 anos… O segundo acontecía en Fuenlabrada, onde un home asasinaba á súa muller.

Esta muller, de 78 anos, era Manuela da Casa do Roxo das Espigas, era natural de Mazaricos. O seu home asestoulle varias puñaladas, ela conseguía saír ás escaleiras, onde unha veciña chamaba á ambulancia. Os sanitarios conseguían reverter a parada cardiorespiratoria, pero de camiño ao hospital falcecía. O home intentaba suicidarse, sen conseguilo.

Esta mañá de xoves, o Concello de Mazaricos convocada unha concentración de repulsa e apoio á familia diante da Casa do Concello.

Novas relacionadas

Artigos de Sonlilá

comentarios