Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O desglose do POS de Mazaricos

Lugar de Ventin-Mazaricos
Lugar de Ventín
O desglose do POS de Mazaricos

Mazaricos aprobaba no pleno do pasado xoves a proposta do goberno municipal (coa abstención do PSOE e PP) para o Plan de Obras e Servizos + da Deputación. A entidade provincial destina 1 millón de euros ao concello mazaricán, unha das contías máis altas de toda a comarca.

A proposta inclúe unha partida de 319.000€ para gastos correntes.

As obras máis importantes son:

  • Obras en camiños rurais (Antes, Beba, Chacín, Coiro, Corzón, Maroñas e Vaos): 245.000 euros.
  • Pavimentación Rúa Rei Ferradas e camiños de Ventín e da área recreativa na Picota, e rúas Casteliño e Santa Olaia en Pino de Val: 76.822,25 euros.
  • Renovación do firme de camiños rurais de Grille, Lago, Maroñas, Señorio e Zanfoga: 100.293,81 euros.

Ademais, no Pino de Val será construído tamén un novo depósito que reforzará a rede municipal de abastecemento de auga. E co mesmo obxectivo, levaranse a cabo melloras na captación do río Santabaia.

Gasto social

Ademais, a gran novidade deste ano, obrigada pola Deputación, é a partida para gasto social extraordinario derivado da pandemia. Dos 193.584,14 euros, uns 100.000 serán para cubrir unha parte do Servizo de Axuda no Fogar.
Tamén hai unha partida de 3.000€ para “cobertura necesidades basicas (persoas soas ou familias, maiores, diversidade funcional, risco exclusion social, vitimas violencia xenero…); outra semellante para gastos de escolarizacion para familias desfavorecidas; unha de 5.700 para asuntos de conciliación; outra de 11.000 para EPIS servizos sociais e usuarias sen medios; e unha importante partida de 70.000€ para outras medidas imprescindibles e urxentes.

“Esta inxección permitiranos axudar ás familias que están pasando por un mal momento debido á pandemia, ademais de reforzar uns servizos que, nun municipio que conta cun elevado porcentaxe da poboación maior de 65 anos, son esenciais para favorecer o coidado das persoas nas súas casas”, sinalou ao respecto Sandra Alvite, concelleira de Servizos Sociais.

Comentarios