Venres. 29.03.2024
El tiempo

Difundindo a #EsenciaMZ en FITUR

Difundindo a #EsenciaMZ en FITUR
Tras intensas xornadas de contactos en FITUR, o Concello de Mazaricos levou a cabo un famtrip cuns 20 axentes de turismo no restaurante Terra Celta en Madrid, propiedade dun veciño do Concello. O alcalde, Juan José Blanco foi o encargado de levar a cabo a presentación. Blanco Riveiro asegurou que Mazaricos é unha “vila con esencia”. O rexedor, apoiado en medios audiovisuais, fixo un percorrido por todas as potencialidades do Concello: a súa ubicación estratéxica que permite un turismo de mar e de montaña, os servizos que ofrece para o turista a área da Picota, as paisaxes, a gandeiría, os sistemas fluviais, os recursos naturais como a fervenza da Nubeira, a de Santa Leocadia ou o vasto patrimonio megalítico que o visitante pode atopar ao longo do Concello. Proxectouse o vídeo da Asociación Cultural Eu Son Mazaricos “A esencia MZ. O turismo” para ilustrar a esencia da que o rexedor falou ao principio da intervención. Os touroperadores que asistiron puideron degustar produtos típicos da zona, moitos deles aportados polas propias panaderías e negocios do Concello. Trala presentación, o alcalde e a delegación de hostaleiros, encabezada polo presidente Jorje Jurjo, intercambiaron impresións e posibilidades de negocio. Blanco Riveiro afirmou sentirse “orgulloso”. “Con pequenos pasos imos poñendo a marca MZ polo mundo”. Do mesmo xeito afirmou que “promovemos un turismo sostible, natural e responsable”. “Isto é como un puzzle”, explicou o rexedor, “está o concello, os hostaleiros, os turistas, os touroperadores e o xeodestino”, e “é preciso traballar” para “conxugar todas as pezas”. Por outra banda, Blanco Riveiro tamén levou a cabo a presentación do xeodestino da Costa da Morte no stand de Galicia, nas súas funcións de presidente do Consorcio de Turismo da Costa da Morte (CMAT).

Balance da Deputación: O Gran Fondo Ézaro, o gran referente

Fai balance "positivo" a Deputación da Coruña da súa presenza na 38º Feira Internacional de Turismo (FITUR). O deputado responsábel da área, Xosé Regueira, fixo fincapé tamén no alcance que supuxo a presentación no programa oficial do Gran Fondo do Ézaro.

Cunha importante repercusión nos medios de comunicación e, de maneira especial, na prensa especializada en deportes, a presentación no programa oficial de Fitur do Gran Fondo do Ézaro supuxo para a Deputación da Coruña, un dos actos de maior alcance dos desenvolvidos  no pavillón galego, unha cita na que ademais do deputado de Turismo, participou o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño e os ciclistas Ezequiel Mosquera e Perico Delgado ademais de representantes do mundo do ciclismo e o turismo.

“Nesta nova edición, percibiuse que a feira está a recuperar a enerxía anterior á crise”, sinala Xosé Regueira que destaca a boa acollida dos produtos presentados pola Deputación da Coruña tanto no acto do programa oficial como cos novos materiais que foron presentados oficialmente en FITUR.

 

Novas relacionadas

Comentarios