Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dous traballadores resultan intoxicados por monóxido no aeródromo da Fervenza

Dous traballadores resultan intoxicados por monóxido no aeródromo da Fervenza
naturmaz-fervenza Os feitos aconteceron esta tarde no aeródromo da Fervenza, en Mazaricos Dous traballadores resultaron intoxicados por monóxido sobre as cinco da tarde de hoxe no aeródromo da Fervenza - en Mazaricos -. Os operarios atopábanse cortando materiais cunha máquina cando o aparello comezou a botar moito fume. Segundo indican dende o 112, foi necesario mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o lugar debido á grave intoxicación dos traballadores. A voz de alarma deuna o propio persoal sanitario e o 112 informou do acontecido á Garda Civil, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santa Comba. Finalmente, os dous traballadores foron trasladados a un centro hospitalario, un deles na aeronave e o outro operario nunha ambulancia. Fonte

Comentarios