Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dúas novas cadelas perdidas buscan fogar en Salvacadelos

Dúas novas cadelas perdidas buscan fogar en Salvacadelos

Non para a sangría de abandonos na bisbarra. Nas últimas semanas son case que unha ducia de cans que apareceron polas estradas da bisbarra, e que a través dos Concellos ou ben de "salvadores" temporais, buscan familia dende a Clínica Veterinaria Argos de Cee e Salvacadelos.

Esta semana temos dúas cadelas máis perdidas-abandonadas, que precisan unha nova familia.

A grande (arriba) parece un cruce de Labrador, e terá sobre 6 meses. Foi atopada este mércores en Corcubión, pero foi vista pola mañá en Cee.

A pequena (á dereita) debe ter sobre 3 meses. Esta preciosa foi abandoada na porta do Gadis de Cee...

Xa atoparon familia

E gracias a esta iniciativa solidaria e á colaboración dos veciños da zona, varios cans atoparon familia. Como a que a semana pasada aparecía abandonada pola zona do Cabo C, ou como a que vagaba por Mazaricos, e que gracias ao veciño Quino Pais, atopou un fogar onde poder lucir os seus rizos.

Queremos agradecer encarecidamente a labor de xentes como Quino, que dende as súas casas se preocupan porque os cadelos da zona que andan abandonados poican atopar unha vida máis coidada.


Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios