Martes. 23.04.2024
El tiempo

Esta noite a mazaricá Iria Bermúdez volve cantar no Luar

Esta noite a mazaricá Iria Bermúdez volve cantar no Luar

A cantante de Eirón (Mazaricos) volve este venres 25 de marzo ao asalto de Luar. Iria Bermúdez representará unha vez máis a nosa maravillosa zona. E o fará interpretando o tema "Luna de Miel" de Gloria Lasso (en galego). A artista ademais celebrarán o seu cumpreanos que tivo lugar este martes.

O rol das votacións será como ata o de agora. Trátase dun teléfono fixo con prefixo normal, é dicir, que a todas aquelas persoas que teñan tarifa plana na casa sairalles gratis.

Xa lle fixemos unhas preguntas indiscretas, e parece que Iria quere namorar a todos os maiores do plató de San Marcos.

Como nos conta a propia Iria "este venres intentarei dalo todo de min, como sempre intento facer, así que espero que vos guste e que mereza a pena o esforzo!".

Moita sorte Iria, a Costa estará contigo no outro lado da caixa tonta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios