Venres. 18.10.2019
El tiempo

Iria Quintáns París: astro de raro fulgor

Iria Quintáns París: astro de raro fulgor
Iria Quintáns París: astro de raro fulgor Iria Quintáns París: astro de raro fulgor “A cabritinha” debe ser a canción máis groseira que se escoita nas verbenas de Galicia, un ofensivo despropósito que degrada tanto á orquestra que a interpreta como ao público que a escoita contemplando o triste espectáculo. De verdade que é isto o que tomamos de Portugal? Os nosos veciños e irmáns valoran moito unha serie de cantantes moi novas que, respectando e enriquecendo a tradición, seguen o ronsel de grandes mitos como Amália Rodrigues, Carlos do Carmo, Zeca Afonso ou Fausto. Non podemos facer aquí o mesmo? Para sabelo o colaborador do xornal irmán Galicia Confidencial Ramón Torrado entrevista á mazaricá Iria Quintáns, que leva cantando no Luar dende 2013.

Entrevista a Iria Quintáns

Iria Quintans estrella mazarica do Recantos do Luar da TVG En contraposición, moitos galegos renegan da música propia e mesmo a denigran. É pura ignorancia! En realidade, o sempre latente complexo de inferioridade e, ás veces, certas cuestións de ideoloxía teñen restado vigor e transcendencia a artistas da nosa terra que merecían mellor sorte. Cando teremos, por exemplo, unha valoración xusta de Andrés do Barro ou dese Paul McCartney que é en certo modo Juan Pardo? Que dicir de grupos pouco recoñecidos como Brath, Xocaloma e Chouteira, formacións que noutros países serían moi queridas e familiares para calquera melómano? Non sería de recibo que sucedese o mesmo cunha cantante excepcional que participou no concurso “Recanteiros” do programa Luar que presenta Xosé Ramón Gayoso. Xunto coas actuacións de Franco Battiato (“El cuidado”) e doutras concursantes extraordinarias como Fátima Pego (“Se ti es o meu home”) e Eva Iglesias (“Lela”), a interpretación que fixo a moza de Mazaricos Iria Quintáns París do clásico iberoamericano “Alma, corazón y vida” en galego foi verdadeiramente antolóxica. Por sorte, existe en YouTube o vídeo desta “Alma, corazón e vida”, que soa moi oportuna neste tempo de consumismo con grandes centros comerciais repletos de clientes mentres morren numerosas tendas locais. Oponse a ese gozo baleiro materialista esta oferta de amor dende o máis fondo do corazón, allea a intereses ulteriores. A paixón, nobreza e elegancia coa que Iria interpreta este clásico elévano e fan que a súa versión supere ás de Dyango, Los Panchos e Daniela Romo entre outras moitas que foron gravadas. Sobre este tema e outros máis contestou a propia cantante na seguinte entrevista:
  • R. Torrado: De onde procede o teu talento? Hai ou houbo alguén máis na familia con talento musical?
Iria Quintáns: Pois a verdade e que nin o sei, porque non teño ninguén na familia que se dedicara a iso.
  • R. Torrado: Cales son os teus ídolos ou referentes musicais?
Iria Quintáns: Esta pregunta é complicada de contestar xa que foron bastantes os artistas dos que aprendín moitas cousas, entre outros, Malú, Rocio Jurado, Ana Gabriel…
  • R. Torrado: Que lles dirías ás persoas que critican fortemente o programa Luar?
Iria Quintáns: Ten que haber opinións para todos os gustos, pero se é un programa que leva tantos anos na TVG e con tanta audiencia será por algo. Ademais é un dos mellores programas musicais a nivel nacional, que xa non abundan.
  • R. Torrado: A túa versión de “Alma, corazón y vida” é a mellor que coñezo. Podes contar algo sobre ela? Quen fixo os arranxos tipo fado e a tradución ao galego?
Iria Quintáns: Moitas grazas. Pois o arranxo musical e a tradución ao galego foron feitos polo equipo do Luar e despois a parte interpretativa e cantada foi feita por min, escoitei a versión propia dos Panchos e intentei levala ao meu terreo.
  • R. Torrado: En que proxectos musicais andas metida na actualidade?
Iria Quintáns: Estou formando un grupo “Antiga Lenda” (Iria Quintáns París voz, Andrea García González piano e Rafa Fernández guitarra) no que interpretaremos cancións de antes como boleros, coplas, baladas… arranxadas en versións feitas ao noso estilo. 
  • R. Torrado: Que che gustaría facer no futuro?
Iria Quintáns: Dedicarme ao que máis me gusta e me fai feliz, que é cantar. 
  • R. Torrado: Que outras artes ou actividades son as túas favoritas?
Iria Quintáns: Agora mesmo estou estudando música e gustaríame nun futuro poder tocar algún instrumento. Son unha apaixonada dos deportes e do baile. Tamén me chaman moito a atención as artes escénicas. Como se ve tamén noutros vídeos seus como “Xúrame”, “O poder do amor” ou “Torre de area”, Iria Quintáns París imprime ás súas actuacións esa volcánica forza de sentimento e dignidade que caracteriza ás súas admiradas Malú, Rocío Jurado (a cantante española favorita do xenial ex-Roxy Music Brian Eno) e Ana Gabriel. Dentro das solistas galegas, Iria seguiría a senda de figuras senlleiras como Dolores Plata e Ugía Pedreira. Semella que os axentes culturais andan algo despistados – non só os galegos: por que non se fan con Amaya de Mocedades gravacións maxistrais como as realizadas por Rick Rubin do Johnny Cash máis experimentado? – e pasan a un plano inxusto ou ao esquecemento artistas escurecidos que engrandecerían o noso acervo. Permitirá Galicia que se perda esta belísima flor de finas fragancias musicais que apareceu na paisaxe de Mazaricos? De ser así, quedaremos sen a elegancia natural, a capacidade de transmitir sentimentos, a nobre paixón, a fermosura e a carismática presenza deste astro de raro fulgor que é Iria Quintáns París.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios