Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis de 50 fotos entran no concurso fotográfico da Semana Gandeira de Mazaricos

Máis de 50 fotos entran no concurso fotográfico da Semana Gandeira de Mazaricos
Concurso fotográfico Mazaricos Concurso fotográfico Mazaricos Con pouco máis de dous días transcurridos, a Semana Gandeira de Mazaricos xa comeza a ser un éxito. Dende a organización - encabezada polo concello de Mazaricos, a asociación Eu Son Mazaricos e a asociación de Gandeiros - indican que se seleccionaron máis de 50 imaxes para participar no concurso fotográfico. Agora, un xurado elixirá as tres mellores fotografías e daráas a coñecer o vindeiro sábado no pavillón da Picota.  Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra para canxear nos establecementos de Mazaricos, por valor de 150€, 100€ e 50€. Outras das actividades que se enmarcan dentro da Semana Gandeira son as visitas escolares nas que participan máis de 150 alumnos e alumnas de educación primaria dos diferentes centros educativos de Mazaricos. Durante estas excursións, os escolares teñen a oportunidade de coñecer as instalaciós da fábrica de Feiraco e unha vez alí espertan a súa curiosidade sobre o envasado do leite. Ademais, esta actividade inclúe visitas a algunha das explotacións gandeiras do concello, tales como a Explotación Perfecto S.C. que conta cun sistema de ordeño totalmente robotizado. Mais, segundo a organización, o prato forte da Semana Gandeira será durante esta fin de semana. As actividades programadas para o sábado e o domingo e que terán lugar na Picota "atraerán a públicos de todas as idades tanto do concello como da contorna e convertirán a Mazaricos como un referente gandeiro da comarca", indican os organizadores.

De visita

Rapaces de Mazaricos nunha granxa pola Semana Gandeira Rapaces de Mazaricos nunha granxa pola Semana Gandeira ‪

No marco #SemanaGandeira tamén hai espazo para os cativos. Os rapaces e rapazas do CPI A ‪#‎Picota‬, visitaron onte as instalacións da explotación gandeira Perfecto SC, ubicada no lugar de Pazos, da parroquia de Os Vaos, na que se lles explicou o funcionamento dos seus robots de muxido.

 

A muxir

campionato muxido Mazaricos Ademais das xornadas técnicas, dos stands, das actividades para os máis pequenos, do concerto musical de DE VACAS, e dunha poxa de xovencas - o domingo - un dos atractivos da Semana Gandeira é o campionato de muxido que terá lugar entre as 16 e as 19 horas no pavillón da Picota. Verónica Blanco, veciña do lugar de Lago - Mazaricos -, encargouse da "creación" da vaca frisona que responde ao nome de "Mazarica". Este exemplar está feito en fibra e no seu interior contén un tanque de plástico que recolle o leite que se empregará durante o campionato. Os concursantes deberán ser capaces de muxir a maior cantidade de leite posible durante 30 segundos e cunha báscula de precisión pesaráse o líquido munguido. O premio é un Pack MZ; composto por unha taza ou pendrive, un xersei polar, un lápis e un boli. Haberá premio para maiores e pequenos que participen no campionato. Máis información Novas relacionadas   Fonte 

Comentarios