Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos acolle unhas xornadas informativas para toda a comarca co Observatorio Eólico de Galicia

O OEGA quere espallar o seu relato para loitar contra a “indefensión da veciñanza que non queren un eólico a 500 metros polo que lle van pagar unha esmola”.
 
Xornadas do Observatorio Eolico de Galicia en Mazaricos
Mazaricos acolle unhas xornadas informativas para toda a comarca co Observatorio Eólico de Galicia

Todos os veciños da Costa da Morte, afectados ou non pola invasión dos eólicos, están chamados este xoves 29 de agosto a unha charla que o Observatorio Eólico de Galicia realizará ás 11:00h na Casa da Cultural de Mazaricos. Unha perfecta ocasión de asesoramento ára a veciñanza para ver que accións se poden tomar e precaucións se deben tomar cando as empresas se achegan aos teur terreos.

O OEGA escolle Mazaricos ante os últimos movementos, “pioneiros”, do Concello, que se sitou en defensa dos veciños afectados polo parque eólico da Ruña II parándolle os pés ás impacables empresas e poñendo o puño na mesa ante a pasividade da Xunta de Galicia. Unha postura que chamou a atención do doutor en economía Xavier Simón, que recoñece que “non todos os concellos se poñen de parte da veciñanza”.

Deste xeito, o Observatorio quere espallar o seu relato para loitar contra a “indefensión da veciñanza que non queren un eólico a 500 metros polo que lle van pagar unha esmola”.

Novas relacionadas

Comentarios