Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos aproba os orzamentos do 2018 que superan os tres millóns de euros

Mazaricos aproba os orzamentos do 2018 que superan os tres millóns de euros
Nun pleno ordinario de algo menos de dous minutos de duración, o goberno de Mazaricos vén de aprobar os orzamentos do 2018 que superan os tres millóns de euros. O alcalde, Juan José Blanco, sinala que éste é un "orzamento consensuado" no que destaca o incremento do gasto en materia social. O goberno do BNG presentou e aprobou as contas mentras que a oposición abstívose nas votacións. Son ainda moitos os concellos da Costa da Morte que con máis de medio ano fóra seguen cos orzamentos sen aprobar. Tales son os casos de Camariñas, Fisterra, Malpica, Muxía, Ponteceso, Cee,... No outro outro lado están Zas, Corcubión, Cabana, Laxe, Coristanco (aprobados recentemente), Vimianzo e Carballo, sendo estes dous últimos os primeiros en facelo. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/coristanco-ten-orzamentos-3-anos-despois-tras-un-tenso-pleno-co-servio-de-pediatria-como-protagonista/ https://quepasanacosta.gal/zas-aumentou-un-24-o-seu-orzamento-dende-2015-gracias-ao-plan-unico-da-deputacion/ https://quepasanacosta.gal/carballo-primeiro-en-aprobar-os-orzamentos-2018/ Fonte

Comentarios