Martes. 19.03.2024
El tiempo

Mazaricos aproba uns orzamentos marcados polo investimento social

A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinará un convenio de colaboración co alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco.
20/12/2019
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Mazaricos aproba uns orzamentos marcados polo investimento social

O pleno do pasado venres no Concello de Mazaricos serviu para aprobar o Orzamento 2021, gracias aos votos a favor do grupo de goberno (BNG) ante os votos en contra de PP e PSOE.

O Concello mantiña aínda as contas de 2019, e as novas superan os 4,5 millóns de euros. A gran novidade é incremento en investimento social, xa que os gastos de protección e promoción social medran ata os 684.711 euros (cun incremento de máis de 400.000), destacando o incremento da partida de transferencias para familias en situación de necesidade ou emerxencia social, “xa que se prevé que as situacións deste tipo irán incrementándose debido á situación social que estamos vivindo”, explica o alcalde Juan Blanco.

Aumento do servizo de axuda no fogar, compra de EPIs, servizo de transporte para persoas maiores con baixos ingresos, axudas escolares para transporte e material escolar… son algunhas das partidas aprobadas.

En canto ás axudas a empresas, estas xestionaranse a través da achega municipal (10.000 euros) ao PEL REACTIVA provincial, polo que non se inclúen no proxecto aprobado en pleno.

O anexo de investimentos (pendente de engadirlle novas propostas co 1,5 millóns de remanente cos que conta o concello) contempla a mellora de camiños rurais con cargo á subvención do AGADER e as obras solicitadas con cargo ao POS 2021. Isto inclúe melloras en camiños rurais nos lugares de Grille, Lago, Maroñas, Señorío e Zanfoga, así como a rehabilitación de firmes e outras actuacións complementarias nos camiños rurais das parroquias de Antes, Beba, Chacín, Coiro, Corzón, Maroñas e Vao, e a mellora da pavimentación na rúa Rei Ferradás e nos camiños de Ventín e da área recreativa na Picota e rúas Casteliño e Santa Olaia en Pino de Val.

Tamén vai a obra de mellora da infraestrutura municipal na captación de Santa Baia e na ETAP de Pino de Val, obra incluída no POS complementario e que depende da aprobación definitiva.

Tamén se reformará, se chega unha axuda provincial o edificio de Protección Civil da Picota, e en clave de prevención contra incendios prevese a adquisición dun dron.

Comentarios