Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mazaricos espalla os seus tesouros paixasísticos nas redes

Mazaricos espalla os seus tesouros paixasísticos nas redes
As Cascadas do Fírvado ou do Vicaño, coa MZ, protagonistas da campaña de promoción As Cascadas do Fírvado ou do Vicaño, coa MZ, protagonistas da campaña de promoción

Seguro que lembrades a campaña #EsenciadeMazaricos que tan boas reportaxes audiovisuais nos deixaron dos tesouros mazaricás. Agora, o Concello mazaricán e a Asociación Eu Son Mazaricos volven cunha campaña de difusión das súas xoias (paisaxes, recunchos, arqueoloxía…) enfocada a ensinalos aos nosos visitantes pero tamén para concienciar á veciñanza das marabillas que agocha a MZ.

As redes sociais son as protagonistas, e cada semana traerán un recuncho especial acompañado desa xa famosa en toda Galicia “MZ”. A primeira imaxe que veñen de compartir son as Cascadas do Vicaño, ou Fervenzas do Fírvado, que caen rodeadas dunha vexetación selvática.

Baixo os cancelos #EuSonMazaricos #VisitaMZ #TurismoMZ e #ConcelloDeMazaricos as persoas poderán atopar información diversa presentada a modo do “Sabías que…?”

Desde Eu Son Mazaricos afirman que “é un traballo de promoción turística pero non só para persoas de fóra de Mazaricos senón tamén para que as propias persoas do lugar sexan conscientes de todo o que lles rodea”.

O alcalde, Juan Blanco Riveiro explica que “é un traballo conxunto para que todo o patriomonio do noso Concello, que é vasto e variado, chegue ao maior número de persoas posible”. Nesta liña explicou que “todas as tarefas que se están a levar a cabo desde a área de arqueoloxía do Concello están encamiñadas a crear un turismo respectuoso, sostible e fonte de recursos”.

A Esencia de MZ

Máis novas

Fonte

Comentarios