Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mazaricos mesturou igualdade e tradición polo 25N

Mesa sobre tradicion e igualdade en Mazaricos
Mesa sobre tradicion e igualdade en Mazaricos
Mazaricos mesturou igualdade e tradición polo 25N

Auténtica foi a celebración do Día internacional contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Mazaricos. Da man da Asociación de tódolos músicos tradicionais de Galicia, prepararon un completo sábado de actividades nos que a igualdade e a tradición maridaron á perfección. Un encontro, chamado “Tradición en feminino”, para “reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural”.

Obradoiro con Jose Codesido en Mazaricos
Obradoiro con Jose Codesido

Comezou cunha mañá de obradoiros, coa Pandeirada de Liñares da man de Carme López e outro sobre a Fouleada en Arcos da man de José Codesido.
Carme trouxo un repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995, e Codesino xunto coas informates de Arcos, bailaron en clave mazaricá.

Xa de tarde, Branca Villares levou a conferencia ”A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña”:

E para pechar, interesantisima mesa de debate "Mulleres e roles de xénero na transmisión oral" con Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira e moderada por Marina F. Vigo.

Tamén participou a concelleira, Sandra Alvite que leu o manifesto #EnNegroContraAsViolencias.

Novas relacionadas

Comentarios