Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos móntase nun Raid Ecuestre aberto a todos os públicos

Raid Ecuestre Mazaricos 2018
Imaxe do Raid Ecuestre do ano pasado por Mazaricos
Mazaricos móntase nun Raid Ecuestre aberto a todos os públicos

Este sábado, 5 de outubro, a partir das 09:00 da mañá 30 xinetes volverán percorrer os camiños de Mazaricos. A cuarta edición do Raid Ecuestre chega ao Concello, nunha proba ademais para a Copa Federación Hípica Galega.

A cita será un fermoso espectáculo para todo o mundo, porque a novidade desta edición é que os nenos e nenas que o desexen poderán achegarse ao multiusos da Picota de 11:00 da mañá a 14:00 da tarde para montar de balde en poni e achegarse así á arte da hípica. O público pode achegarse ao multiusos da Picota a contemplar os exemplares e o curioso uso da auga e as masaxes dispensadas aos equinos para rebaixar as súas pulsacións.

Coidando as bestas no Raid Ecuestre de Mazaricosjpg

O raid ecuestre é unha disciplina na cal se pon a proba a velocidade, habilidade e a resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete, xa que ambos deben percorrer grandes distancias nun día, a través dos máis diversos terreos e contra o tempo. Para o anterior o xinete debe ter a capacidade de dosificar o esforzo do seu cabalo e levar un ritmo adecuado durante a proba, ao finalizar unha carreira ao cabalo tómanselle as pulsacións e se están sobre o permitido, o xinete é eliminado.

Raid Ecuestre Mazaricos 2019

Comentarios