Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos non ten parada polo Nadal

Mazaricos non ten parada polo Nadal
nenos-nadal-mazaricos

Chega con moita forza o programa de Nadal do Concello de Mazaricos. Un programa que ten un pouco de todo, música, libros, radio, deporte, cine e mesmo unha Gala para todo Mazaricos.

O programa comeza o sábado 17 de decembro co Festival de Música de Nadal da escola de música moderna do Concello de Mazaricos. 17h na Casa da Cultura.

Xa o domingo toca presentación do libro "Baos" de Natalia Lema Otero ás 17h na Casa da Cultura.

O luns, os nenos de primaria e secundaria acudirán a Radio Nordés Cadena SER para gravar a cuña de felicitacións de nadal do Concello. Ademais durante toda a semana terán un Nadal Lúdico, cunha morea de actividades para nenos e nenas de infantil e primaria. Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro; 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 9.30h a 14.00h poderán quedar disfrutando e aprendendo na Casa de Cultura.

Xa o venres 23 toca o interesante Nadal de Vila en Vila, unha actividade dirixida a nenos e nenas (a partir de 4 anos) na que adquirirán coñecementos da tradición musical galega das festas do Nadal, coa interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aguinaldos etc. da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro. A cita, o venres ás 17:00 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura.

O sábado 24, antes da noiteboa, será o día do Torneo Interparroquial de Fútbol Sala, organizada polo Mazaricos C.F. en colaboración co Concello. Desenvolverase nas tardes do 24 e 31 de decembro. (Fase de grupos o 24 e fases finais o 31.)

Haberá 4 tardes de cine:
- Luns 26, ás 17:00 da tarde na Casa de Cultura coa sensacional película: ZOOTRÓPOLIS;
- Martes 27, ás 17:00 da tarde na Casa de Cultura coa estupenda película: EL LIBRO DE LA SELVA;
- Mércores 28 ás 17:00h da tarde a Casa de Cultura coa fantástica película: KUNG FU PANDA 3;
- Xoves 29 ás 17:00h da tarde na Casa de Cultura coa película: EN EL FONDO DEL MAR (non recomendada para menores de 12 anos).

E o venres 30 será un día especia, coa Gala MZ ás 21:45h na Casa da Cultura, que servirá para unir todo o pobo.

Volverá o deporte na tarde de noitevella, coa Carreira do Leite e o II Brinde Leiteiro. Ademais pola tarde, a fase final do Torneo Interparroquial de FS.

E como non, serán os Reis os que pechen o Nadal o xoves 5 de xaneiro coa gran Cabalgata. Sairán ás 4 da tarde do Campo da Feira da Picota, continuarán pola avda. 13 de abril ata a estrada de Godón. Dende alí collerán por diante do Centro de Saúde ata a Casa de Cultura. Alí entregaranlle os regalos a tódolos nenos e nenas. E para rematar unha estupenda chocolatada.

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios