Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos prepárase para o Entroido e para a Festa do Bolo do Pote

Mazaricos prepárase para o Entroido e para a Festa do Bolo do Pote

Mazaricos xa comeza a tempada de festas. Son dúas as que se preparan para estas semanas, i é que ademais do entroido, tamén se albisca a Festa do Bolo do Pote.

O domingo 6 de marzo Mazaricos acolle o Gran Festival de Disfraces de Entroido. A cita comezará ás 16:00h no Auditorio da Casa de Cultura (A Picota). Haberá premios de ata 100€ e tamén haberá un fantástico programa de animación con música, maxia e regalos para tódolos participantes disfrazados.

E ás 8 da tarde, tamén na Casa de Cultura, haberá o BAILE DOS MAIORES coa mellor música de baile e a actuación do Grupo de Pandeiretas de Arcos.

XIII Festa do Bolo do Pote

A gran cita gastronómica de Mazaricos terá lugar este domingo 13 de marzo. A festa comezará ás 13:00h coa demostración e degustación cos Bolos do Pote no Campo da Feira e nos diferentes establecimentos hosteleiros. Todo amenizado por un grupo de gaitas. O menú incluirá, ademais dos Bolos do Pote, cocido con grelos, postre, viño e café por 15€.

A verbena será a partir das 18:30h da man de unha orquestra.

Ambas festas están organizadas pola Concellaría de Cultura e a Asociación de Veciños do Concello de Mazaricos Monte Picoto da Picota.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios