Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mazaricos presume dos seus maiores

Mazaricos presume dos seus maiores
gala-esencia-mz O pasado mes de decembro celebrouse a gala "Esencia de Mazaricos"  Os maiores son os novos protagonistas da campaña Esencia de Mazaricos que está a desenvolver a asociación Eu Son Mazaricos. Neste video, de algo máis de nove minutos de duración, dous veciños de Mazaricos - Carmen e Domingos - repasan a través de fotografías o seu pasado. As festas, a emigración, a estructura familiar, a ensinanza, os tempos da guerra e a feira da Picota de algún día son os temas principais da reportaxe.
  "Os nosos maiores" é a última entrega desta campaña que culminou o pasado mes de decembro coa gala Esencia MZ, celebrada na casa da Cultura da Picota e presentada por Federico Pérez, que fixo espertar os sentimentos das ducias de veciños e veciñas que a presenciaron.

A Esencia de MZ

Máis novas

Fonte

Comentarios