Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Mazaricos, que segue sen positivos, implementa un servizo de información laboral e mantén os seus recursos

Os voluntarios de Protección Civil de Mazaricos seguen levando produtos ás casas
Os voluntarios de Protección Civil de Mazaricos seguen levando produtos ás casas
Mazaricos, que segue sen positivos, implementa un servizo de información laboral e mantén os seus recursos

Segue sen apenas casos positivos o Concello de Mazaricos (só hai un positivo rexistrado do pasado 25 de marzo, e xa está recuperado), pero iso non quere dicir que a pandemia non estea afectando directamente á vida dos mazaricáns. Así agradecía o alcalde Juan Blanco o bo comportamento da veciñanza no cumplimento das normas de confinamento.

En todo caso, Concello ponse a traballar nunha liña propia de información laboral sobre as medidas económicas que levou a cabo o Goberno de España debido á situación de Alerta Sanitaria. Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas, alugueres ou persoas autonómas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden escribir un whatsapp ao número 618964705 ou pinchar aquí neste enlace e serán atendidas por un gabinete de avogados laboralistas. O servizo de atención estará operativo o mércores 8 e o luns 13 de abril en horario de 10h a 14h e de 16h a 20h.

SERVIZO LABORAL Mazaricos COVID

Outras iniciativas

O Concello mantén habilitado un servizo de compra de alimentos e medicamentos para persoas maiores que están soas. O voluntariado de protección civil lévalle o encargo ao seu domicilio. Para pedir os produtos as persoas deben chamar de 09.00h a 14.00h ao 981 86 71 04 e o resto do día ao 667 20 93 14.

Ademais diso, o técnico de deportes, Andrés Tuñas, ten habilitada unha liña telefónica (649 86 43 93) que atende de 10:00 da mañá a 14:00 da tarde para dar asesoramento físico no domicilio en función das condicións e espazo disponible de cada persoa.

Para atender a fenda dixital que adoita haber no rural, tamén se puxo en marcha un servizo de impresión e entrega de tarefas escolares. Deben enviarse a [email protected] [email protected], indicando a dirección e un teléfono de contacto. O voluntariado de protección civil entrégaas a domicilio semanalmente.

#CulturaNaCorentena e #CociñaNaCorentena

Non menos importantes son as iniciativas de #CulturaNaCorentena e #CociñaNaCorentena. Artistas e cociñeiros do municipio entreteñen á veciñanza nas redes sociais do Concello con cancións, contos, prosa, poesía, música e receitas. Tania Fuegho, Fede Pérez, Ismael Ramos, María do Carmen Núñez, Casa Chelo co seu biscoito… e moitos outros que a veciñanza irá descubrindo nos vindeiros días de corentena.

comentarios