Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos sortea dúas estadías con cea en establecementos do Concello

Mazaricos sortea dúas estadías con cea en establecementos do Concello

O Concello de Mazaricos sortea dúas estadías con cea para dúas persoas no Concello. As persoas que queiran participar deben compartir un vídeo promocional. Dito contido está en dúas páxinas: a do Concello de Mazaricos e a que está destinada a turismo Conoce Mazaricos.

Os pasos para participar son sinxelos: facerse seguidor destas páxinas, compartir o vídeo e etiquetar na publicación á persoa coa que compartirías a fin de semana. O sorteo estará aberto ata as tres da tarde do vindeiro luns, 27 de xullo.

O concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín explica que “é un xeito de crear viralidade nun vídeo que mostra moito do que temos no Concello: megalitismo, fervenzas, miradoiros, paisaxes espectaculares... e, ademais, as persoas afortunadas comprobarán a calidade da nosa hostalería in situ”.  

Comentarios