Venres. 19.04.2024
El tiempo

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Mazaricos xa ten candidato polo PSOE e espera ao do PP

Javier Gonzalez Trillo con Caballero e Lage nun acto do PSOE en Mazaricos
Javier Gonzalez Trillo á dereita de Caballero e Lage nun acto do PSOE en Mazaricos
Mazaricos xa ten candidato polo PSOE e espera ao do PP

Volverá ser Francisco Javier González Trillo o candidato socialista ás eleccións municipais do 26 de maio de 2019. O ex presidente de Neria intentará volver ao pleno mazaricán despois de quedar sen presencia nas dúas últimas lexislaturas. De feito, en 2015 apenas conseguía 70 votos con Secundino Ramos como candididato, polo que o marxe de mellora é amplo.

González Trillo xa estivo a piques de dar o paso antes das municipais de 2015, pero agora pode ser o seu momento, para asaltar un pleno con 7 concelleiros do BNG e 4 do PP.

Esperando polo PP

Precisamente o de Mazaricos é o único candidato que lle falta por confirmar ao PP en toda a zona. Despois do fiasco dun alleo Nico Martínez, fichado despois dunha lexislatura de azoute independiente, trala dimisión de Santos Maneiro pola Operación Orquesta, o PP, visiblemente desestruturado, está utlimando a súa lista.

”Candidato temos, claro, estamos traballando nelo, pronto haberá novas”, asegúrannos dende a Provincial.

Novas relacionadas

Comentarios