Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos recibe o ano a base de leite

Brinde Leiteiro de Proteccion Civil de Mazaricos
Brinde Leiteiro de Proteccion Civil de Mazaricos
Mazaricos recibe o ano a base de leite

Mazaricos ten unha das formas máis orixinais de deixar o ano, dende logo. A San Silvestre, tamén típica en Baio e Malpica, chámase Carreira Leiteira, e complétase cun brinde leiteiro.

Este ano, ademais, as nenas e nenos puideron abrir unha piñata xigante de vaca. Deste xeito, o Concello reivindica outro ano máis a súa vocación gandeira e o orgullo de ser rurais. Amenizaron o acto as cantareiras das Amas de Casa-El Hórreo. E xunto o brinde, degustouse unha tarta con forma de vaca.

Brinde Leiteiro en Mazaricos

Previamente as e os corredores da Carreira do Leite animaron as rúas da vila con simpáticos disfraces: un rebaño de vacas, enfermeiras, bailarinas…

A programación do Concello para hoxe inclúe o concerto de Aninovo e chocolatada coa Coral Pedra Serpal e o día 5 os Reis Magos volverán en tractor.

San Silvestre de Mazaricos 2San Silvestre de Mazaricos

Comentarios