Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un milleiro de persoas gozaron a artesanía e a cultura rural no Festifolk de Mazaricos

IMG_6908
As Tanxugueiras fixeron bailar, sentados, a 350 persoas
Un milleiro de persoas gozaron a artesanía e a cultura rural no Festifolk de Mazaricos

Máximo éxito da primeira edición da feira de artesanía Festifolk de Mazaricos, celebrada durante o sábado 7 de agosto no recinto feiral da Picota. O evento, organizado polo Concello, contou coa participación ao longo do día de máis dun milleiro de persoas, tanto veciñas do municipio como visitantes.

O recinto vestiuse de mercado rural, cheo de pallaa, madeiras... Para acoller aproximadamente unha trintena de postos de venda, información e exposición de todo tipo de produtos -dende artesanía, principalmente, a comida, pasando por roupa, material agrícola ou complementos-.

Durante todo o día tiveron lugar tres obradoiros: elaboración de conservas caseiras e de gominolas pola mañá, mentres que á tarde tivo lugar o obradoiro de palla trenzada a cargo da asociación Trenzarte. Para os máis pequenos, ademais, houbo un servizo de inchables con monitores toda a tarde.  Tamén durante a mañá foi emitido en directo dende a feira o programa A Vivir de Radio Nordés, coa participación do alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e de representantes das asociacións culturais, do comercio local, asociacións gandeiras, de artesanía e dos obradoiros do Festifolk.  Tamén estivo presente no Festifolk a escritora e veciña de Mazaricos Carmen Rey, que asinou exemplares das súas obras.

O Festifolk pechou co concerto das Tanxugueiras, limitado por
cuestións de aforo a 350 persoas que vibraron coa música.
As Tanxugueiras presentaron o seu traballo Contrapunto. Non quixeron deixar
de reivindicar as súas raíces en Mazaricos e ofreceron un concerto moi
interactivo e cun toque de humor que fixo as delicias do público.

IMG_6840IMG_6433IMG_6380IMG_6471IMG_6427

Comentarios