Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mitigando o “catastrazo” dende o concello

Mitigando o “catastrazo” dende o concello

Convértese Mazaricos nun concello pioneiro na loita contra o famoso “catastrazo”. A facenda local vén de abrir un pack de bonificacións, cunha liña de subvencións propia e un punto de atención ás persoas afectadas polo Catastro, coa intención de mitigar o efecto “catastrazo” a través de varias bonificacións do IBI. Por unha banda, bonifícase o desenvolvemento de actividades comerciais, tamén ás familias numerosas, o desenvolvemento de actividades agrogandeiras e a condición de cooperativa ou explotación comunitaria da terra.

O alcalde, Juan José Blanco explica que “o proceso de regulación catastral foi un mazazo para a veciñanza do Concello. Por iso, para paliar o aumento de valores e as novas incorporacións a catastro o Concello rebaixou do 0,6 ao 0,4 o tipo impositivo do IBI para 2019”. Nesta liña, o rexedor engade que “se bonificou a sectores importantes para a economía do municipio como gandeiría e comercio”. “Queremos que as persoas queden a vivir en Mazaricos e por iso tamén bonificamos ás familias numerosas sen esquecer que creamos unha liña de axuda propia á creación de empresas e outra, tamén propia, para os desprazamentos do estudantado residente no Concello”.

Poden buscar información e os formularios na web municipal de Mazaricos

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/voltamos-a-mazaricos-para-que-a-nosa-filla-saiba-o-que-e-vivir-aqui/ https://quepasanacosta.gal/falsa-alarma-para-os-10-concellos-costeiros-que-aplican-a-plusvalia-municipal/

Comentarios