Venres. 29.03.2024
El tiempo

As mulleres toman a palabra en Mazaricos

Dia da Muller en Mazaricos
As mulleres toman a palabra en Mazaricos

Mazaricos, como non podería ser doutro xeito, súmase aos actos do Día da Muller. Faino facilitando a participación na manifestación nacional que se celebrará en Santiago de Compostela, da man da Asociación Eu Son Mazaricos, que fleta buses que sairán ás 19:00 da Picota e ás 19:10h do Pino do Val.

Mazaricos fleta un bus para ir a manifestacion do Dia da Muller

Pero ademais, o sábado 9 celebra unha completa mañá baixo o lema “Mulleres, aí estamos”. A cita arrincará ás 11:30h na Casa da Cultura, e será presentada por Tania Fuegho, que dará paso ás mulleres máis influíntes do día a día mazaricán. Un xeito de poñer en valor ás mulleres rurais, pois sen elas non sería posible o tecido produtivo agrogandeiro nin a conservación das tradicións.

O alcalde sinalou que "as asociacións do concello que interveñen no acto son fundamentais: a asociación cultural de Antes recuperou a tradición da manufactura dos sancosmeiros, as amas de casa o bolo do pote e eu son mazaricos dinamiza a vida cultural do Concello cos nenos e nenas. Sen a tarefa, moitas veces invisible e pouco valorada das mulleres, o rural non existiría”.

Entrevistas 8M

Artigos 8M

Novas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios